Enmanuel Reyes – Boxeo 92kg – Semifinais – Bronce
O púxil Enmanuel Reyes é finalmente bronce nos Xogos Olímpicos logo de caer en semifinais dos 92kg en boxeo aos puntos contra Alfonso Domínguez.
O boxeador Enmanuel Reyes xa tiña asegurada medalla en París 2024 ao avanzar ás semifinais no boxeo 92kg ao vencer ao belga Victor Schelstraete aos puntos.
Con esa vitoria chegou ás seminais nos Xogos Olímpicos de París 2024 no peso de 92 kg.
Previamente El Profeta, afrontara os cuartos de final no boxeo para 92 kg tras vencer nos oitavos no North Paris Arena ao chinés Han Xuezhen.