Diego Domínguez – Piragüismo – C2 500 m – Semifinais – Pasa á final A
O galego Diego Domínguez compitía no C2 500m masculino nos Xogos Olímpicos de París xunto con Joan Antoni Moreno. Nesta xornada os padexeiros españois loitaban por meterse na final e metéronse na final A. Na semifinal fixeron un tempo de 1:40.23 cruzando a meta da súa quenda en cuarto lugar.
A competición de augas tranquilas ten lugar no Estadio Náutico Vaires-sur-Marne.