Dessiré Vila - CEDIDA

Desirée Vila – 100m – Eliminatorias

A atleta Desirée Vila, debutante nos Xogos Paralímpicos, competirá, ademais de en salto de lonxitude, na proba de velocidade dos 100m na categoría T63. As quendas das eliminatarias son o sábado 4 de setembro ás 4:02 horas e ás 4:08 horas

De pasar á final, a disputa da proba que da acceso ás medallas será ás 14:26 horas. Tanto as eliminatorias como a final terán lugar no Estadio Olímpico.

Nos 100M T63, a velocista galega Desirée Vila rematou a súa quenda no 7º lugar cun tempo de 16.84 conseguindo unha das súas metas en #Tookyo2020 que era mellorar a súa marca persoal. Lamentablemente ese tempo non abondou para que a de Gondomar puidese obter un dos nove mellores tempos entre as dúas quendas e non estará na final.

Especialidade:

Data

Set 04 2021
Eventos pasados

Hora

04:00