Damián Ramos – Ciclismo – Clase 4 – Persecución individual – Diploma
O ciclista coruñés Damián Ramos non logra acceder á loita polas medallas na proba de persecución individual 4000m Clase 4 que finalizou no 8.º posto. O ciclista coruñés asinou un tempo de 4:35.156 cunha velocidade media de 52.334 km/h. Conseguía así un diploma paralímpico.
Pasos por cada 1000m de Damián Ramos nesta proba celebrada en velódromo:
- 1000 m 1:12.370
- 2000 m 2:18.681
- 3000 m 3:27.014
- 4000 m 4:35.156
Estos son os seus primeiros Xogos Paralímpicos.
Nesta competición os corredores cos dous tempos máis rápidos accedían a competir polo ouro e os dous seguintes máis rápidos competían polo bronce. O ciclista máis veloz foi o británico Archie Atkinson que marcou un movo récord do mundo cun tempo de 4:17.700, o que dá conta do alto nivel da proba disputada polo galego Damián Ramos.