Chano Rodríguez

Chano Rodríguez – 4x50m libres – S5 – Final

O Tokyo Aquatics Centre agarda á remuda española dos 4x50m. Non perdades detalle da final desta distancia na que estará o noso Chano Rodríguez facendo equipo con Teresa Perales, Marta Fernández e Alejandro Rojas. A cita é ás 13:01 horas!

Na serie clasificatoria a remuda española fixo un tempo glogal de 2:29.24 que lles deu a segunda praza. O primeiro en nadar foi Chano Rodríguez cun tempo de 35.57, a segunda Teresa Perales que fixo 39.17, a terceira Marta Fernández con 41.34 e finalizou a remuda Alejandro Rojas que cubriu os seus 50m nun tempo de 33.15.

Diploma paralímpico para a remuda 4x50m da que forma parte Sebastián ‘Chano‘ Rodríguez, que estivo nas series, aínda que non na final. O equipo español fixo un tempo de 2:25.66 e finalizou en 5º lugar nunha final na que China bateu récord do Mundo.

Chano Rodríguez
Chano Rodríguez
Especialidade:

Data

Ago 26 2021
Eventos pasados

Hora

13:00