Chano Rodríguez - PARALIMPICOS

Chano Rodríguez – 200m libres – S5 – series eliminatorias

O máis veterano de toda a expedición galega é o nadador Sebastián ‘Chano’ Rodríguez que disputa os seus sextos Xogos Paralímpicos. Xa estivo en Sidney, Atenas, Pekín, Londres, Río e agora en Tokyo 2020. O seu primeiro reto son as series dos 200m libres na categoría S5.

As series desta distancia e categoría nádanse ás 3:56 h e ás 4:02 horas. De pasar á final, o vigués nadaría novamente ás 12:52 horas.

Chano Rodríguez suma xa 16 medallas paralímpicas das cales 8 foron ouros, e as outras repártense en 4 pratas e outros tantos bronces. Seguirá a súa estela triunfadora en terras niponas?

 

Superadas as series dos 200m libres na categoría S5 cun tempo de 2:53.65, Chano Rodríguez competirá na final!

Chano Rodríguez - PARALIMPICOS
Chano Rodríguez – PARALIMPICOS
Especialidade:

Data

Ago 25 2021
Eventos pasados

Hora

03:55