Carolina García – Sara Ouzande – Piragüismo – K2 500 m – Cuartos de final – Pasan a Semifinais
O barco das galegas Sara Ouzande (Xixón, 1996) e Carolina García Otero (Pontevedra, 1999) superou os cuartos de final do K2 500m e avanza un novo chanzo meténdose nas semifinais.
O caiac das españolas rematou na terceira posición da súa quenda e disputarán o vindeiro 9 de agosto as semifinais. Están incluídas na semifinal 2 que ten previsto o seu concurso ás 11:00 horas.