Carlos Arévalo e Rodrigo Germade – Piragüismo – Semifinal
O K4 500, no que compiten dous galegos, Carlos Arévalo e Rodrigo Germade, estará na semifinal. Os españois lograron o mellor tempo da xornada nas eliminatorias, sendo primeiros do seu grupo, e agora padexarán por estar na final e colgarse unha medalla.
De clasificarse nesta semifinal, regatearán polo podio dúas horas máis tarde, desde as 05:37 horas.
Unha vez máis, este equipo de padexeiros quedou no máis alto da táboa. Co seu primeiro posto na semifinal 2, o K4 500 padexará polas medallas na final.