Carlos Arévalo e Rodrigo Germade – Piragüismo – Final
Cun excelente tempo na semifinal 2, rematando no máis alto da clasificación, os españois do K4 500, cos galegos Rodrigo Germade e Carlos Arévalo, estarán na final polas medallas.
Finalmente, o grupo de padexeiros accedeu ao podio, colgándose a medalla de prata. Dous metais máis que veñen a Galicia, grazas á segunda posición acadada polo equipo, cun tempo de 1:22.445, a só 0.226 dos alemáns, vencedores da proba.