Caetano Horta e Dennis Carracedo nunha imaxe da regata anterior / EFE/EPA/MAXIM SHIPENKOV

Caetano Horta – Remo – Dobre scull lixeiro – Final B – Diploma

A parella de remeiros conformada polo galego Caetano Horta e o catalán Dennis Carracedo foi cuarta na segunda semifinal cun tempo de 6:35.05. Quedaron fóra da loita polas medallas pero tiñan opción de diploma e acadárono.

Caetano Horta e Dennis Carracedo son diploma olímpico ao finalizar segundos a Final B do dobre scull lixeiro cun tempo de 6:19.90. Foron primeiros toda a proba pero nos últimos metros a parella francesa adiantounos.

Tempos e postos cada 500m na Final B
  • 500m / 1:32.55 / 1
  • 1.000 m / 3:09.54 / 1
  • 1.500 m / 4:45.96 / 1
  • 2.000 m 6:19.90 / 2

 

Na clasificación xeral finalizan oitavos o seu concurso nos Xogos Olímpicos de París 2024.

Especialidade:

Data

Ago 02 2024
Eventos pasados

Hora

11:05