Araceli Menduiña – Paracanoe – KL3 – K1 200 m – Series – Pasa a semifinais
A padexeira de Cangas Araceli Menduiña finaliza 3.ª a súa serie en paracanoe na categoría KL3 na distancia de K1 200m cun crono de 49.69. Deste xeito a deportista galega pasa a semifinais desta distancia.
As semifinais correranse o domingo 8 ás 10:42 h. Á final A pasan as tres deportistas máis rápidas de cada serie, o resto irá á final B.
A final A será tamén o domingo pero ás 12:15 h.
Estos son os seus primeiros Xogos Paralímpicos.