Araceli Menduiña – Paracanoe – KL3 – K1 200 m – Semifinais – Pasa á final A
Nas semifinais do KL3 K1 200m Araceli Menduiña acadou o pase á Final A que se disputará hoxe ás 12:15 h. A padexeira de Cangas foi segunda na súa quenda cun tempo de 49.48.
Previamente, finalizaba 3.ª a súa serie en paracanoe na categoría KL3 na distancia de K1 200m cun crono de 49.69 pasando a esta semifinal na que conseguiu o acceso á súa primeira final paralímpica
Estos son os seus primeiros Xogos Paralímpicos.