Araceli Menduiña – Paracanoe – KL3 – K1 200 m – Final A – 4.ª Diploma
Araceli Menduiña quedou a tan só 14 centésimas da medalla de bronce na final A do KL3 K1 200m. A deportista de Cangas acada un diploma nos seus primeiros Xogos Paralímpicos facendo un tempo de 48.93 na final na que foi 4.ª clasificada.
Nas semifinais a padexeira de Cangas foi segunda na súa quenda cun tempo de 49.48.
Previamente, finalizaba 3.ª a súa serie en paracanoe na categoría KL3 na distancia de K1 200m cun crono de 49.69 pasando a esta semifinal na que conseguiu o acceso á súa primeira final paralímpica.