Antía Jácome – Piragüismo – C2 500 m – Series – Pasan a semifinais
A galega Antía Jácome competiu xunto con María Corbera no C2 500 m nestes Xogos Olímpicos de París 2024 nas series pasando como segundas mellores da súa quenda ás semifinais que se disputarán o venres 9 de agosto.
Antía Jácome competiu xunto con María Corbera na segunda quenda das series do C2 500 m. Venceron as padexeiras de Canadá Sloan Mackenzie e Katie Vincent cun tempo de 1:54.16. O barco español fixo un tempo de 1:55.63 cruzando segundas a liña de meta e pasando directamente a semifinais sen pasar por cuartos de final.