Antía Jácome – Piragüismo – C1 200 m – Series – Pasa a semifinais
A padexeira galega Antía Jácome compite de xeito individual no C1 200 m nestes Xogos Olímpicos de París 2024, son os segundos para ela que xa estivo en Toquio 2020.
Disputada esta proba a padexeira española Antía Jácome métese directamente na semifinal do C1 200m ao finalizar segunda a súa quenda cun tempo de 47.35.
Venceu a serie a padexeira de Canadá Sophia Jensen cun tempo de 46.80.
As semifinais do C1 200 terán lugar o sábado 10 de agosto.