Ana Peleteiro – Atletismo – Triplo salto – Final – 6.ª Diploma
Ana Peleteiro acada diploma olímpico ao rematar na sexta posición o concurso de triplo salto nestes Xogos de París 2024

A súa mellor marca foi un salto de 14.59 metros.

Así foron os saltos da triplista galega:
- 14.55 m
- 13.73 m
- 14.52 m
- 14.59 m
- 14.26 m
- 14.31 m

O ouro foi para a dominicana Thea Lafond que chegou aos 15.02 metros. A prata foi para jamaicana Shanieka Ricketts cun salto de 14.87 metros e o bronce para a estadounidense Jasmine Moore que saltou no seu mellor intento 14.67 metros.

