Ana Peleteiro – Triplo salto – Cualificacións – 14.36m pasa á final
As cualificacións na proba de triplo salto foron o primeiro paso da galega Ana Peleteiro nestes Xogos.
A atleta chega a París 2024 como unha das favoritas para subir ao podio. O pase á final decidíase hoxe e Ana Peleteiro está na final de triplo salto dos Xogos Olímpicos de París 2024 ao chegar aos 14.36m no seu único intento.
A galega precisou un só salto para acadar a mínima que cualificaba para a xornada de mañá na que loitará por todo. Pedíase unha marca de 14.35 e saltou 14.36m, abondo para avanzar na competición sen forzar gardando as forzas para a final, tal e como ela declaraba aos micrófonos de RTVE tras competir nesta xornada.
Ana Peleteiro, triplo salto / EFE JULIO MUÑOZ