Alicia Fernández – Balonmán – España vs Rusia
Último partido da fase de Grupo para a Selección Española de balonmán feminino e polo tanto para Alicia Fernández. O cruce será contra Rusia o 2 de agosto ás 7.15 hora española no Estadio Yoyogi. O equipo no que milita Alicia Fernández colleitou ata o de agora dous triunfos e outras tantas derrotas e marcha en terceira posición no Grupo B.
As Guerreras perderon este encontro por un 31-34. Coa vitoria de Hungría, o equipo español queda eliminado desta edición dos Xogos Olímpicos.