Alicia Fernández – Balonmán – España vs Brasil 18-29
As Guerreras caen derrotadas ante Brasil na xornada 1 da rolda preliminar do Grupo B por un marcador de 18-29.
A Selección Española, sen a galega Alicia Fernández , ausente por lesión, xogaba no South Paris Arena 6. O equipo que adestra Ambros Martín bateu coas gardametas cariocas e foron sempre por debaixo no marcador a excepción do primeiro gol que caeu do lado das Guerreras.
España pensa xa no seguinte partido que será ante Angola que perdeu con Países Baixos (34-31). A xornada 2 desta rolda preliminar terá lugar o 28 de xullo ás 19:00h. O escenario volverá ser o South Paris Arena 6.