Alberto Abalde – Baloncesto – Cuartos de final vs Estados Unidos
A Selección Española de baloncesto masculino chega a cuartos de final co deportista ferrolá Alberto Abalde. Remataron a fase previa como segundos do Grupo B so superados por Eslovenia, o seu último rival antes de cuartos (87-95)
O partido de cuartos de final dos Xogos Olímpicos de Tokyo 2020 xogarase o martes 3 de agosto ás 6:40 ante Estados Unidos.
Finalmente, un resultado 81-95 deixa fóra aos españois, que non pasan á semifinal do torneo olímpico.