Adrián Ben 800m – Semifinais
Logo de conseguir a clasificación previa nas series, o atleta lucense Adrián Ben afrontará as semifinais da proba de 800 metros masculinos ás 13:35 hora española do domingo 1/8/21
Foi fantástico o debut olímpico do de Viveiro que acadou o seu pase á semifinais dos 800m. Foi terceiro na súa serie cun tempo de 1:45.30 que é a mellor marca dun español nuns Xogos Olímpicos.
Tras esta carreira, Adrián Ben conseguiu ser o primeiro español na historia en entrar nunha final duns Xogos Olímpicos na distancia de 800m. Ademais, o seu tempo de 1:44.30 é a mellor marca dun corredor español nuns xogos.
Seguinte paso: a final.