Adiaratou Iglesias, nos 100m T13 / EFE CPE JAIME DE DIEGO

Adiaratou Iglesias – Atletismo – T13 – 400 m – Final – 4.ª Diploma

A velocista galega Adiaratou Iglesias Forneiro foi cuarta na final dos 400m na categoría T13 nos seus segundos Xogos Paralímpicos. Deste xeito a lucense acada diploma.

Adiaratou Iglesias Forneiro correndo a final dos 400m T13 nos Xogos Paralímpicos de París 2024 / COMITÉ PARALÍMPICO ESPAÑOL
Adiaratou Iglesias Forneiro correndo a final dos 400m T13 nos Xogos Paralímpicos de París 2024 / COMITÉ PARALÍMPICO ESPAÑOL

Adiaratou Iglesias Forneiro fixo nesta final a súa mellor marca da tempada na proba de 400m T13 parando o crono ao cruzar a meta nun tempo de 56.98.

A gañadora a brasileña Rayane Soares da Silva bateu o récord do mundo cun tempo de 53.55 o que dá conta do nivel de esixencia da proba. A prata foi para a corredora de Azerbaijan Lamiya Valiyeva (ouro nos 100m),  e o bronce conseguiuno a lusa Carolina Duarte.

Adiaratou Iglesias Forneiro correndo a final dos 400m T13 nos Xogos Paralímpicos de París 2024 / COMITÉ PARALÍMPICO ESPAÑOL
Adiaratou Iglesias Forneiro correndo a final dos 400m T13 nos Xogos Paralímpicos de París 2024 / COMITÉ PARALÍMPICO ESPAÑOL

A carreira final contou co concurso de oito atletas. Adiaratou Iglesias Forneiro meteuse nesta proba definitiva dos 400m final por temos sendo 4.ª na súa serie. Correu os 400m nun tempo de 58.07 que foi nese momento a súa mellor marca da tempada. Na final mellorouna deixando a súa mellor marca deste curso en 56.98.

 

Especialidade:

Data

Set 07 2024
Eventos pasados

Hora

10:20