Adiaratou Iglesias – Atletismo – T13 – 100 m – Final – Diploma
Quinta posición para a velocista galega Adiaratou Iglesias Forneiro que finalizaba a proba dos 100m na categoría T13 cun crono de 12.51 conseguindo así diploma nunha distancia na que defendía o ouro que acadara en Toquio 2020. Non puido repetir podio nesta proba nos seus segundos Xogos Paralímpicos.
A gañadora Lamiya Valiyeva , de Azerbaijan, bateu o récord do mundo cun tempo de 11.76 o que da conta do altísimo nivel da proba. A prata foi para a brasileira Rayane Soares da Silva cun crono de 11.78 e o bronce para a irlandesa Orla Comerford que cruzou a meta nos 11.94.