Adi Iglesias – 100M T13 – Final
Adi Iglesias estará na final dos seus primeiros Xogos Paralímpicos logo de clasificarse na disputa da súa serie cun tempo de 12:20.
A final disputarase ás 13:10 horas.
A galega parte como unha das favoritas ao ser campioa de Galicia, España, Europa e subcampioa mundial.
Medalla de ouro nos Xogos Paralímpicos de Tokyo 2020 para Adiaratou Iglesias!
A lucense fixo os 100M T13 nun crono de 11.96.
Con 11.99 cruzou a meta en segunda praza a deportista de Azerbaijan Lamiya Valiyeva e con 12.08 fíxoo a estadounidense Kym Crosby que levou o bronce