Adi Iglesias – 100M T13 – Eliminatorias
A atleta de Mali Adi Iglesias, lucense de adopción, debutará nos seus primeiros Xogos Paralímpicos na edición de Tokyo 2020. A súa primeira participación será nos 100 metros na categoría T13. As quendas nesta distancia e categoría están previstas para as 3:30h, 3:38h e 3:46h.
A final disputarase ás 13:10 horas.
A galega parte como unha das favoritas ao ser campioa de Galicia, España, Europa e subcampioa mundial.
Adi Iglesias estará na final de hoxe as 13:10 h para os 100m T13. A galega foi segunda na súa serie cun tempo de 12.20