Antía Jácome no Campionato de Europa 2024 / RFEP
Antía Jácome no Campionato de Europa 2024 / RFEP

Antía Jácome: “En canto me coloco na liña de saída penso que vou gañar”

  • “O ano pasado fun tres veces subcampioa do mundo, polo que creo que estou para loitar por algo un pouquiño máis grande”.
  • Puxemos ilusión nun barco novo, en intentar ir a por outra distancia como é o C2 500 m e intentar tamén poder conseguir un bo resultado en dúas distancias.

 

Antía Jácome é unha das principais bazas da armada española en París para conseguir un metal. Afronta os seus segundos Xogos Olímpicos con ilusión, pero tamén coa ambición que avalan os seus grandes éxitos nos últimos campionatos internacionais.

Chega a París nun gran estado de forma, co único pensamento de competir coas mellores padexeiras do mundo, tanto no C1  200 m como no C2 500 m, onde vogará xunto á súa nova parella, María Corbera.

Antía Jácome arrinca a competición o 6 de agosto, con ganas de amosar todo o seu potencial.

Antía Jácome e María Corbera no C2 500m no Campionato de Europa / RFEP
Antía Jácome e María Corbera no C2 500m no Campionato de Europa / RFEP

– Xa son os teus segundos Xogos Olímpicos. Como afrontas esta cita? Máis presión ou coa confianza de que xa sabes o que te podes atopar?

Ao final, aos meus primeiros fun con 21 anos e era a miña primeira experiencia olímpica, polo que quería, sobre todo, desfrutar dese momento, xa que ao final, ter conseguido ese logro para min era xa algo moi grande.

Agora, creo que xa subín bastante o nivel. Atópome moi ben adestrando e competindo. O ano pasado fun tres veces subcampioa do mundo, polo que creo que estou para loitar por algo un pouquiño máis grande, coas mellores do mundo.

Antía Jácome e María Corbera no C2 500m no Campionato de Europa / RFEP
Antía Jácome e María Corbera no C2 500m no Campionato de Europa / RFEP

– Cal é a gran diferenza entre a previa de Toquio e a de París? Cambia a ilusión?

Non, eu creo que a ilusión é a mesma. É diferente, xa que agora teño máis experiencia, as cousas máis claras e sei do que son capaz. Tiven que traballar moito a cabeza desde Toquio ata o de agora, e véxome como unha Antía moi diferente á dos anteriores Xogos.

– Despois dos grandes éxitos acadados nos últimos anos en competicións internacionais, o obxectivo é o ouro?

Si, claro. Eu en canto me coloco na liña de saída penso que vou gañar. Para min competir é sempre pensar no máis alto do podio, pero estamos preparadas se pasa e se non pasa. Traballei moito niso para ser capaz de sacar o meu cento por cento competindo, independentemente de que ese cento por cento sexa un quinto posto, un ouro ou un oitavo.

– Son os teus primeiros Xogos Olímpicos con público presente. En que cambia isto á hora de competir?

Eu creo que é unha motivación extra, xa que estarán os nosos familiares e amigos, así que creo que é un punto a favor moi bo. Vai ser a primeira vez que meu pai me vexa competir nunha regata internacional, así que me fai moitísima ilusión. A el dálle un pouco de medo voar, por iso non viñera nunca, e a París van ir en autocaravana, polo que a min me fai moita ilusión. Poder vivir esta experiencia coa xente á que quero.

Antía Jácome e María Corbera no C2 500m na Copa do Mundo 2024 / RFEP
Antía Jácome e María Corbera no C2 500m na Copa do Mundo 2024 / RFEP

– Canto tempo hai de preparación para uns Xogos Olímpicos? Canto tempo se necesita para a posta a punto neste tipo de disciplina?

A preparación para estes Xogos Olímpicos foi máis curta, foron tres anos, xa que Toquio foi no ano 2021, e tamén foi diferente, porque comecei a facer o dobre con María Corbera, e a verdade é que foi distinta, pero bonita. Puxemos ilusión nun barco novo, en intentar ir a por outra distancia como é o C2 500 m e intentar tamén poder conseguir un bo resultado en dúas distancias. É un obxectivo moi ambicioso, pero fainos adestrar con máis ilusión e ganas.

Antes o estigma do corpo feminino era un corpo delgado e esvelto e iso cambiou. Hoxe en día as mulleres queren estar fortes porque en realidade tamén é algo san, polo que agora xa se entende ben que manterte forte é saudable e a xente xa o ve como algo normal e natural.

Antía Jácome e María Corbera no C2 500m na Copa do Mundo 2024 / RFEP
Antía Jácome e María Corbera no C2 500m na Copa do Mundo 2024 / RFEP

– Cal é o grao de dificultade de preparar dúas categorías tan distintas como son o C1 200 m e C2  500 m?

Dificultade eu creo que ningunha, penso que unha distancia favorece a outra. Para o 500 precisas do toque de velocidade que che dá o 200 e para o 200 necesitas esa resistencia para poder aguantar o final que che achega o 500. Adestrar ambas as distancias vénnos ben para a preparación conxunta, polo que máis que unha dificultade é un valor engadido.

Ademais a sensación, eu que vou adiante, é moi similar ao C1.

Antía Jácome: “En Galicia temos sitios incribles para practicar o piragüismo”

– Vendo o gran éxito das padexeiras galegas, que é o que ten Galicia para que tantas mozas dean un paso adiante e se animen a practicar piragüismo?

En Galicia temos sitios incribles para practicar o piragüismo. É un deporte que se practica moito. É moi común ver xente de todo tipo practicándoo na miña zona. Ademais, préstase moito para pasar un día rodeado de natureza e na nosa terra temos sitios espectaculares para practicar o piragüismo.

En canto ás mulleres, antes o estigma do corpo feminino era un corpo delgado e esvelto e iso cambiou. Hoxe en día as mulleres queren estar fortes porque en realidade tamén é algo san, polo que agora xa se entende ben que manterte forte é saudable e a xente xa o ve como algo normal e natural.

Antía Jácome e María Corbera no C2 500m no Campionato de Europa / RFEP
Antía Jácome e María Corbera no C2 500m no Campionato de Europa / RFEP

– Na actualidade é igual de sinxelo practicar este deporte para un home que para unha muller?

Eu nunca tiven ningún problema neste senso e nunca me sentín desfavorecida. Sempre me sentín apoiada e, mesmo comparándome cos homes na miña disciplina, sempre contei co apoio de patrocinadores e bolsas do mesmo xeito que os homes. Non notei ningunha discriminación desde que son padexeira polo mero feito de ser muller.

Antía Jácome e María Corbera no C2 500m no Campionato de Europa / RFEP
Antía Jácome e María Corbera no C2 500m no Campionato de Europa / RFEP
Compartir en