Alejandro Vidal, Álex, ten polirradioculoneurite desde os nove meses de idade, enfermidade que provoca debilidade muscular e ataxia nas súas extremidades e unha minusvalía do 77%. Aínda así, o galego nunca tirou a toalla ata converterse nun aútentico referente do taekwondo e nun exemplo de superación.
O 4 é o seu número. Con 40 anos de idade, Vidal suma catro mundiais e catro europeos ás súas costas e afronta os seus primeiros xogos coa ilusión e as ganas intactas. O ribeirense viaxa ao olimpo de Tokyo 2020 para culminar a súa brillante carreira cunha medalla no pescozo.
Nuns días serás o primeiro deportista español en acudir a uns Xogos Paralímpicos nesta modalidade de taekwondo, que se sente?
O que sinto é moito orgullo de poder representar ao meu país na disciplina de taekwondo. Todo deportista o que soña é chegar ao olimpo e aquí estamos. Sinto un pouco de mágoa polos meus compañeiros que non poden estar en Tokyo pero espero facer un gran papel e deixar o listón do taekwondo español ben alto.
Con 4 títulos mundiais e outros 4 continentais no teu palmarés, que supoñen estes XX.PP. para ti?
Vou bastante aliviado, sen presión, como se fose un campeonato máis. Durante os días previos á competición quero empaparme de todo o que rodea a este xogos, a vila, o desfile e desfrutar do momento. Cando queden dous días para o primeiro combate xa quero centrarme 100% na competición e dar o mellor de min. Chego algo tocado do xeonllo pola rotura de ligamentos que tiven fai 4 meses, pero o que teño claro é que voume vaciar e deixalo todo para facer o mellor papel posible.
Que che achegou o deporte e en concreto ser o taekwondo na túa vida?
Cando encontrei o taekwondo na miña vida aportoume unha familia e tratáronme como un máis desde o día 1. Este deporte dá moita calma, a pesar de ser unha disciplina de contacto. Ademais, o bonito é que hai moitas amizades e cando remata o combate todo queda no tapiz e non hai malos “rollos”. Este deporte proporcióname moita calma e concentración no meu día a día.
Tras os Xogos de Tokyo 2020, cal é o seguinte reto na túa carreira?
O primeiro será operar o ligamento cruzado e intentar deixar o xeonllo ao 100%. A partir de aí xa barallarei o futuro. Ao seleccionador, que foi o meu compañeiro, prometinlle ir a unha competición grande máis e esperemos que sexa o Mundial. Aínda así, o primero é facer a operación e despois xa se verá.
Tes algunha teima ou ritual antes de cada combate que poidas compartir connosco?
Antes de subir ao tapiz estou en cuclillas durante 30 segundos e focalizo o combate. Nestes XX.PP. será doutro xeito porque hai un corredor e tamén quero gozar do ambiente duns xogos. Tamén sempre adoito dar dous saltos antes de subir para saír ao combate ao 100%.
Crees que hai igualdade no deporte paralímpico?
Afortunadamente os poucos vanse igualando as cousas. A diferencia máis grande no deporte paralímpico e olímpico eran as axudas por medalla e premios e a verdade é que cada vez máis a sociedade comprende que somos deportistas de elite e que non hai diferencias de xénero.